Que chunga é a vida do normalizador
Já restam poucos concelhos que nom tenham o seu próprio normalizador lingüistico, cujo contrato de trabalho dura normalmente o mesmo que o subsídio da Junta que encorajou a sua contrataçom. Hoje chegou às minhas maos um calendário editado polo Serviço de Normalizaçom Lingüística do Concelho de Ames, com o original e sugestivo lema En galego e non lle deas máis voltas. Em letra muito miúda (é um ponto a favor do autor, pois revela a implícita intençom de que ninguém o leia) aparece o seguinte texto, que deveria funcionar como um pequeno argumentário em favor do uso da língua:
porque si, porque quero, porque me peta, porque me dá a gana, porque está de moda, porque o falan todos, porque non o fala ninguén, porque son de Ames, porque estou en Ames, porque non ten tempos compostos, porque fai un sol de carallo, porque se falou sempre, porque estou no meu dereito, porque me obrigan, porque é a miña lingua, porque é a súa lingua, porque en galego lígase máis e mellor, porque son de esquerdas, porque son de centro, porque son de dereitas, porque non son de nada, porque está demostrado que se usas o galego aumentan as vendas, porque dá prestixio, porque ten outro aquel, porque é lingua de reis, porque a min mo falaron, porque a min nom mo deixaban falar, porque son moi respectuoso con todas as linguas e con todas as culturas, porque hai que usalo, porque quero ter éxito na vida, porque me entenden todos, porque é unha marca de calidade, porque o normal é que cada pobo fale a súa lingua…
Nom entendo como se pode editar um calendário e ocupar o espaço reservado à venerável foto de Samantha Fox com esta insulsa lenga-lenga, epítome dos mais recorrentes (e falsos) tópicos sobre o idioma en que garulan os paxaros. Apenas alguma interessante novidade, como o que usa o galego porque o obrigam (Pérez Touriño?) ou o que o fai porque é de direitas (ai, se Celso Emílio levantasse a cabeça!). O preocupante desta estória é que resulta reveladora do actual desnorteamento e falta de ideias de muitas pessoas que tenhem um verdadeiro e sentido amor pola língua.
(Como diria o Ehus Mahot, outro dia falaremos do tema da normativa).





Algo me fai sospeitar que isto non ten nada que ver co día dos enganos.
Por favor, tíreme as dúbidas.
Comment by dot — April 1, 2005 @ 3:20 pm
Temo-me que nom é brincadeira, dot. Aliás, eu nom som muito partidário do dia dos enganos. Na nossa sociedade-espectáculo seria mais necessário um dia dos desenganos.
Comment by Subcomediante H — April 1, 2005 @ 3:52 pm
Abofé
Comment by dot — April 1, 2005 @ 4:16 pm
Há cartazes com esse texto polas lojas de Bertamiráns. Como mensagem de marketing é má, é mesmo má.
Comment by lipe — April 3, 2005 @ 10:54 am
Oh, probabelmente estea no pleistoceno pero… onde lle ven a chata?
(independentemente de que keanu reeves ou samantha foxe serían máis interesantes…)
Comment by Cesare — April 3, 2005 @ 4:07 pm
Cesare, a pergunta é: onde lhe vê a graça? Todas as campanhas institucionais pro-galego dos últimos anos som penosas. E nom falo já em termos de agit-prop, mas de simples publicidade comercial. Saatchi & Saatchi, acudide-nos!
Comment by Subcomediante H — April 3, 2005 @ 5:15 pm
Por unha vez concordo con Cesare, e non me parece pra tanto. As campañas publicitarias non teñen que ser necesariamente o Festival do Humor, abonda con que sexan eficaces. Non digo que esta o sexa (e o triste é que seguramente ninguén se vai poñer a comprobalo), pero vinas peores.
Comment by María — April 4, 2005 @ 10:02 am
Eu tampouco digo que o humor seja o único recurso publicitário válido. O problema é que a promoçom do galego chegou a identificar-se com estas formas “afáveis” de propaganda (”en galego é lindo”, “entre nós, en galego”) baseadas numa falsa normalidade, que sinceramente nom creio que cheguem a ninguém. Amiguinh*s, os anos 90 acabaram há muito tempo.
Comment by Subcomediante H — April 4, 2005 @ 10:35 am
Sub, non fagas como os cardenais aperturistas. Non queras control de natalidade para a lingua
Comment by Rouco Marela — April 4, 2005 @ 11:14 am
Cardeal Rouco Marela, eu confesso… que nom entendim o seu comment.
Comment by Subcomediante H — April 4, 2005 @ 2:14 pm
Hai dúas correntes na mafia esta que temos de cónclave. Disque existen os aperturistas que queren inclusive os mais extremistas (fillos de…) revisar o do control da natalidade. Nada que ver co meu pensamento que xa sabes que en lugo somos moi conservadores. O que prentendía era establecer unha analoxía entre o conservadurismo cardenalicio e o conservadurismo na promoción da lingua. Errei.
Comment by Rouco Marela — April 4, 2005 @ 4:52 pm