D*** nos livre das religiões

March 29, 2005

Adianto-me ao Boss no comentário desta notícia de El Mundo:

Un tribunal de EEUU rechaza una condena a muerte porque el jurado popular basó su decisión en la Biblia

Os mesmos que pretendem levar a democracia aos países árabes tenhem em casa os germes de uma teocracia, baseada num código muito pior que o Corám. Explico-me: na cultura islámica, a Sunna (tradiçom, costume) é a segunda fonte de lei revelada, e está plenamente incorporada à shari’a, o “ordenamento jurídico” dos sunitas (o 90% dos muçulmanos). Também para os xiítas é uma fonte normativa de grande valor. O facto é que no Islam os textos sagrados cumprem também a funçom de textos legais.

Na cultura jurídica ocidental (seja continental ou de common law), o Direito nom emana de D***, mas do Povo, depositário da soberania. Uma mistificaçom por outra, fico com a segunda, que deu lugar a normas de convivência tam excelentes como a própria Constituiçom de Virgínia. O problema é quando, em contextos de forte presença religiosa, como deve ser o caso do Colorado, chega a confundir-se a lei humana com a lei divina. E nisto a nossa palavra de D*** é perigosa: se o Corám é um conjunto de preceitos claros e concisos, a Bíblia é sobretudo uma colecçom de contos e poemas que recolhem a tradiçom judaica. O seu valor jurídico real aplicado ao dia de hoje é equivalente ao da Odisseia dos gregos ou o Popol Vuh dos maias.

Mas bom, essas cousas só acontecem nos EUA. Aqui, onde os cargos públicos tomam posse diante duma Bíblia e uma cruz, somos europeus e muito avançados…

3 profanaram »

The URI to TrackBack this entry is: http://vacaprofana.blogsome.com/2005/03/29/d-nos-livre-das-religioes/trackback/

  1. Non estou dacordo, Sub, a Biblia tamén é ‘um conjunto de preceitos claros e concisos’. Aquí ten unha mostra:

    Querido Brian:
    Teño 14 anos e estou un pouco avergoñado por ter que preguntar isto. Mais precisoo porque teño algún sentimento de culpabilidade. Hai uns días, mentres estaba a durmir, tiven unha emisión nocturna. Desperteime e descubrin unha roncha húmida nas sabas. Obviamente non tiven control sobre isto, porque estaba a durmir. Pero sentínme moi culpable despois, e me pregunto se ter unha emisión nocturna é un pecado? Debo pedir perdón ao Señor por isto?
    Robert Rakiti.

    Querido Robert:

    Grazas pola túa pregunta, Robert. O teu sentimento de culpabilidade resposta a unha boa razón. Ter unha emisión nocturna é un pecado, tan pecado coma matar a alguén - aínda que sexa completamente involuntario. Segundo a palabra de Deus, no Levítico 15, cada vez que un home exacula fica impuro ata que remata o día! O Señor sabe que as exaculacións masculinas son incriblemente perigosas. A exaculación de seme é un pecado, e a Biblia require que nos arrepintamos - a través de ofrendas a Deus e dunha limpeza ritual. É por mor disto que Penni e máis eu só temos contacto carnal cando estou certo de que vou ficar na casa durante todo o día. É así que a lei de Deus é boa e nos protexe das enfermidades.

    Esta lei está establecida tanto no Levítico 15 e 16 coma no Deuteromonio 23. 10-11:
    “Se un home ten unha emisión de seme, debe lavar todo o seu corpo con auga, e ficará impuro ata a noite”. Levítico 15-16.

    “Se un de vós fica impuro por mor dunha emisión nocturna, entón debe marchar fora do campamento; non debe volver ao campamento. Cando chegue a tardiña, débese lavar con auga, e cando se poña o sol, pode voltar ao campamento” - Deut.23. 10-11

    Ves o que dí o Deuteromonio? A lei de deus tamén se aplica ás emisións nocturnas! Si - incluso se un home ten unha exaculación involuntaria mentras está a durmir, consideraselle ‘impuro’ perante os ollos de Deus. Xa que somos criaturas pecadoras. E podemos pecar incluso cando non o sabemos, por mor do pecado orixinal de Adan.
    É por iso que os xudeos obrigaban a un home a facer unha ofrenda para obter o perdón polo seu pecado de exaculación. O Señor non aproba as nosas exaculacións. Ouh non! Exacular é o resultado da nosa natureza pecadora, e cada vez que nos erguemos sentido o residuo pegañento dunha emisión nocturna involuntaria, debemos pregar polo perdón. Antes da vinda de Xesús, os xudeos tiñan que sacrificar unha rula coma ofrenda por ter ofendido a Deus coas súas exaculacións. Por suposto que exacular é un pecado. O Levítico 15. 14-15 require que:
    “Ao oitavo día desque o home exaculou debe levar duas rulas ou dous pombos e presentarse perante Yahweh na entrada do templo e darllos ao sacerdote. O sacerdote ofreceraos, un coma ofrenda e outro para ser incinerado; o sacerdote deberá facer expiación no seu nome perante Yahweh para o seu perdón”.

    Hoxe en día, pola contra, os crisitíans pregan polo perdón polas súa exaculación directamente a Deus sen a intervención dun cura. Aquí é onde a Puta de Babilonia, A Igrexa Católica Apostólica Romana, está errada. Aínda pensan que se precisa dun cura para mediar entre nós e Deus, pero eu te digo que podes pregar directamente a Deus e dicir “perdón por esa exaculación, Señor Xesús!”

    E se cadrou que salpicaches co teu seme a alguén perto de ti, recorda que eles son tan impuros coma ti. Como ensina o Levítico 15.8:

    “Se quen exacula salpica a persoas que están limpas, entón deben lavar as súas roupas, lavarse con auga, e estarán impuras ata o serán”.

    Ninguén quere ser salpicado por un exaculador impuro! Ouh non! Se acontecera que estas a durmir no mesmo cuarto co teu irmán, e é salpicado sen querer pola túa emisión nocturna, recoda que a Bilblia nos ensina que ten que pregar polo perdon tamén. Pero grazas a Deus, El nos proviu coa súa Lei para nos purificar de novo. Moitos sabios doutores tentarante convencer de que a exaculación seminal é bastante pura. Son consciente de que hai incluso algúns que lle teñen dito a mulleres de conducta disoluta que o seme é moi alto en proteinas. Pero elas deberían ler a Palabra de Deus para descobrer a verdade!.

    A Palabra de Deus non minte! As exaculación seminais causarán enfermidades, así que tes que te lavar despois, e tamén as túas roupas e as sabás. Non só iso, senon que a exaculación - incluso se é unha inconsciente emisión nocturna- causa enfermidade espiritual!. E esa é a razón pola que Deus te obriga a te arrepentir polo teu Pecado de Exaculación.

    Gloria a Deus e á súa Palara.

    Brian Tamariki.

    Sumo Sacerdote da Destiny Church.

    Comment by dot — March 29, 2005 @ 1:28 pm

  2. Im-presionante! E a Destiny Church que é, onde Beyoncé aprendeu a cantar gospel?

    Comment by Subcomediante H — March 29, 2005 @ 3:50 pm

  3. E se o teu professor de Biologia te quiser ensinar o que a Evoluo…

    Processa-o! Foi isto mesmo que disse Dennis Baxley, promotor da nova lei da Florida, EUA, que permite que os alunos processem professores “ditadores de esquerda” (sic), que ofendam as suas crenas religiosas, nomeadamente explicando os processos de Ev…

    Trackback by renas e veados — March 30, 2005 @ 9:39 pm

RSS para comentários nesta entrada.

Comenta aqui

Salto de linha e parágrafo automáticos, o endereço de correio-e nom se mostra, HTML permitido: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here